27/01/10

Matilda


Na clase de 6º estivemos lendo "Matilda" de Roald Dahl.


Jessica opina:


O libro foi moi entretido. A parte que máis me gustou foi cando Matilda descubre que pode mover cousas e dalle o seu merecido á Trunchbull.


Rodrigo opina:


É unha historia moi bonita, ao tempo que triste e graciosa.


Gustounos moito a todos e todas.

Botamos moitas risas lendo esta historia.

18/01/10

Sherlock Holmes

Sherlock Holmes é un detective creado por Sir Arthur Conan Doyle, que resolve os seus casos polo método deductivo. Gústalle tocar o violín, e disfrazarse para resolver os casos. Acompañao sempre o doutor Watson, o seu cronista e compañeiro de aventuras

Estes días estréase nos cines a última versión cinematográfica de Sherlock Holmes.
Na biblioteca escolar hai varias das súas aventuras.

A saga de crecúspulo

Temos na biblioteca escolar os libros da saga de Crepúsculo:
Crepúsculo, Luna nueva, Eclipse y Amanecer.
Son novelas de vampiros, pero románticas, escritas por Stephenie Meyer.
Existe versión cinematográfica das dúas primeiras novelas, Luna Nueva estreouse hai pouco tempo:

PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas