24/11/10

Os comilóns de libros

O mércores 24 de novembro reuníuse na biblioteca do cole o club de lectura de 5º, “Os comilóns de libros”, para falar do libro “As bruxas”, de Roald Dahl.
O que máis lles gustou foi:
“que ten moito misterio...pero tamén cousas divertidas”;
“cando a Gran Bruxa fulminou a outra”;
“cando se transformaban en ratos”;

...E agora, despois de ler, falar e comer ratiños de chocolate, a seguir “comendo” libros, ata a próxima reunión!

23/11/10

O club de lectura de 5º curso

Maña as 11,30 vaise celebrar unha xuntanza do club de lectura de 5º curso.
A moderadora do club é a profe Maica.
Tanto para a profe, como para os alumnos e alumnas é unha experiencia nova.
Agardamos que disfruten da xuntanza.

09/11/10

Próxima lectura


A próxima lectura do club de pais e nais é "Mi tio Napoleón" de Iraj Pezeshkzad. editada por Ático de libros.
Suso, o bibliotecario, léunos a primeira frase:
"Un caluroso día de verano, para ser exacto, un viernes 13 de agosto, a las tres menos cuarto de la tarde, me enamoré”.
A novela transcurre en Teherán, nos anos 40, e nela aparece unha completa selección de personaxes, con variadas intrigas, e todo elo en clave de humor.
Ainda que foi publicada no seu país en 1973, aquí acaba de publicarse este ano por primeira vez.
O libro está actualmente prohibido en Irán

05/11/10

El tiempo entre costuras


O xoves foi a primeira xuntanza do club de lectura de pais e nais.

O libro que comentamos foi "El tiempo entre costuras" de Maria Dueñas.O libro gustóulles a todos os membros do club. Reflexionamos sobre o tempo en que transcurre a historia, os diferentes personaxes, a fluidez da escritura.

Este é o blog da autora con fotografías dos escenarios da novela, e datos moi interesantes:

Entrevista a María Dueñas:

O bibliotecario municipal, resultou un estupendo "conductor" da xuntanza, e o ambiente foi moi agradable e participativo.
Xa temos seleccionada a próxima lectura, e a data de xuntanza.

PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas